FORUM LERIARNEXA

O FORO das conversas e lerias da Asociación de Montaña ARNAU e dos excursionistas e montañeiros do Val(e) do Lim(i)a
 
ÍndiceÍndice  GaleríaGalería  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  RexistrarseRexistrarse  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  LoginLogin  

Comparte | 
 

 MAGOSTO 14-Novembro 2009

Ir abajo 
AutorMensaxe
Xavier
Guerreiro Arnexo
Guerreiro Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 95
Age : 60
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: MAGOSTO 14-Novembro 2009   10/27/2009, 7:20 pm

O David de Bande mándanos isto:

Ola amigos.

No nome da Asociación cultural Carballos da Sementeira transmítovos que o sábado 14
de novembro, coma todos os anos, temos un gran magosto no forno comunal de Bande,
complementado cunha grande festa.

Iste ano abrirémos o forno ás catro da tarde, e comezaremos a quentalo para cocer
logo as boroas de pan. Como novidade, no canto de churrascada, aseremos unhos lacóns
no forno, aproveitando que está acendido, agardando que estean listos e sabedeiros
para as nove. A maiores haberá chourizada, coma sempre, e por suposto castañas. O
menú regarase con viño novo do país e complementarase con bica e licores varios de
produción propia: arandos, guillomo, mirabel, café...



Todo polo módico prezo de 5 euros, grazas a unha subvención de Caixa Nova, que nos
dá para a metade do gasto.



Este ano como novidade, sairalle gratis o magosto a que se achegue cun instrumento
para tocar, e que saiba tocalo, claro está (e non nos vale vale a flauta da escola).



Desexámosvos que vaia todo bem e lembrade que na nosa xeración, está a chave de que
as vellas costumes e oficios dos nosos devanceiros, se transmitan ás vindeiras
xeracións ou queden retratadas nas vitrinas dos museos ou nos ilustrados libros da
biblioteca do museo do pobo galego.



Agardando contar coa vosa presencia, recibide un forte abrazo da directiva de
Carballos da Sementeira.



DAVIDE
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://www.xures.com
 
MAGOSTO 14-Novembro 2009
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
FORUM LERIARNEXA :: FOROS XERAIS :: CULTURA&ECOLOXÍA NA/DA MONTAÑA-
Cambiar a: