FORUM LERIARNEXA

O FORO das conversas e lerias da Asociación de Montaña ARNAU e dos excursionistas e montañeiros do Val(e) do Lim(i)a
 
ÍndiceÍndice  GaleríaGalería  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  RexistrarseRexistrarse  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  LoginLogin  

Comparte | 
 

 FIN DE SEMANA CULTURAL EN LODOSELO. 1 (e 2) de Marzo

Ir abajo 
Ir a páxina : Precedente  1, 2
AutorMensaxe
metebarullo
Novicio
Novicio
avatar

Cantidade de envíos : 24
Registration date : 14/01/2008

EnvíoAsunto: Re: FIN DE SEMANA CULTURAL EN LODOSELO. 1 (e 2) de Marzo   3/1/2008, 1:45 pm

Como que me dei de baixa Presi, xa andas bebedo? Non falamos onte outra cousa? Que teño partido as 5 co "Bar Pantxito" :futbol: joder e non os vou deixar colgados. Xa che dixen que aparecía pra cear e durmir. Se non me rompen as pernas claro, ou rompo eu só. Asi que veña, pasadeo ven , non keimedes moito o monte nonnon , e xa nos vemos por alí. Esperemos que sexa fácil chegar. Non se mancar. Ata a noite bébedo
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://jose.mlg@hotmail.com
Xavier
Guerreiro Arnexo
Guerreiro Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 95
Age : 59
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Nota de prensa da saida   3/17/2008, 9:04 pm

Este é o resumo da saída para facer unha nota de prensa. Coma sempre, entre esta nota e o que publicou La Región non hai parecido ningún.

13:33 06/03/2008 A Asoc. de Montaña Arnau, do Val do Limia, vén de realizar unha nova actividade programada para o ano 2008. Foi unha escapada ás terras de Sarreaus e Serra de S.Mamede,
planexada tendo en conta un estupendo punto de partida e final de ruta: o Centro....de Lodosedo, unha iniciativa sen ánimo de lucro que puidemos coñecer e admirar e que, desde agora, pensamos apoiar.
Era a primeira vez que se ía a esa parte tan interesante, e quizá descoñecida, da provincia de Ourense.Despois de coñecer o Centro...de Lodosedo comezouse a camiñata, que discurríu por lugares máis representativos
desa zona da Limia, tanto pola paisaxe e a natureza, como polapegada do home na configuración das suas aldeas e organización do espacio agrícola e gandeiro; o abandono do campo propiciou o inicio da destrución de todo este patrimonio e a sua pronta desaparición -con todos os valores ancestrais que con elo se nos van-, no que é preciso unha intervención de urxencia desde a
administración (a iniciativa privada, como en Couso, non é suficiente). Son moitos os valores únicos e específicos desta zona: paisaxísticos, medioambientais, etnográficos, históricos, etc e sería unha pena non preservalos e dalos a coñecer.
O percurso comenzou, como xa dixen, en Lodosedo; avanzouse até Freixo e daquí a Couso (restaurado con fondos públicos por un particular. Admira e sorprende ver o que se pode facer con estas aldeas cando se lle dá
valor ao nóso; neste caso foi unha persoa de fóra a que emprendeu esta restauración total desta aldea abandonada, á que apenas se lle poden poñer pegas, se acaso a falta de
sensibilidade co idioma: todas as casas e muiños perderon o nome que a ben seguro tiveron durante xeracións e pasaron a ter nomes en español ou números...unha pena, pois
o idioma galego vai absolutamente "prendido" a estes lugares e ás cousas que os poblan. Quizá tamén sobra a casa central coas bandeira de España, La Rioja e Galicia: confirelle
ao pobo un aspecto irreal e de espacio recreativo dunha macro estación de servizo...). Despois de visitar Couso proseguimos polos nacentes do río Limia, un motivo de boa ledicia,
e continuamos polos interesantísimos pobos, xa case serranos, de Paradiña e enlazando co Camiño Sur de Santiago, Vía da Prata, chegamos a Alberguería,
coa sua famosa taberna pra peregrinos La Vía de la Plata, onde o seu propietario amablemente nos deixou xantar as nosas viandas. Repostas forzas, seguimos cara Arruas, semi-
abandonado; despois, Prado e a seguir Ermida, que visto desde lonxe, enmarcado pola serra de S.Mamede e Eixo, mesmo parece unha estampa alpina. Desde aquí, xa en coche, fomos visitar
a aldea montañesa de Rebordechao. Que marabilla de pobo!, onde as ruelas e camiños se retorcen buscando evitar que os ventos fríos encanellen, ou onde os paisanos poñen enormes
lascas de lousa protexendo do frío os seus corredores. E que pena!, o pobo está en claro abandono e todo dá a sensación de que a ninguén lle interesa nin o patrimonio
que crearon as suas xentes nin as paisaxes que eles mesmos sufriron (sofren) e "amansaron". Ao remate todos vovemos ao refuxio do C de Lodosedo, onde iamos pernoctar eonde a cociñeira
nos tiña preparada unha suculenta cea.
Arnau xa está preparando as 2 seguintes saidas, ás que se pode apuntar quen quixer ainda que non sexa asociado (no foro "www.arnau.forogaliciano.com" ou no correo-e "www.arnau@xures.com"): 1, 2, 3 e 4
de maio: Travesía en autonomía polo Gerês e para os días 28 e 29 de Xuño, Rota do S.Gonçalo Coelho, desde A Cela (Val do Linia) até Pitoes da Júnias (Barroso, Portugal), dos que xa daremos conta no seu momento.

E AQUÍ DAMOS POR PECHADO ESTE FÍO DA EXCURSIÓN DE LODOSEDO-S.MAMEDE. VÉMONOS NA SEGUINTE PUTAMADRE
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://www.xures.com
 
FIN DE SEMANA CULTURAL EN LODOSELO. 1 (e 2) de Marzo
Volver arriba 
Páxina 2 de 2Ir a páxina : Precedente  1, 2

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
FORUM LERIARNEXA :: FOROS DA ASOCIACIÓN DE MONTAÑA ARNAU (A.M.A.) :: ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS-
Cambiar a: