FORUM LERIARNEXA

O FORO das conversas e lerias da Asociación de Montaña ARNAU e dos excursionistas e montañeiros do Val(e) do Lim(i)a
 
ÍndiceÍndice  GaleríaGalería  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  RexistrarseRexistrarse  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  LoginLogin  

Comparte | 
 

 TRAVESÍA NOS ALPES(TOUR DU MONT BLANC) 1-15 Xullo

Ir abajo 
AutorMensaxe
Admin
Guía Arnexo
Guía Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 150
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: TRAVESÍA NOS ALPES(TOUR DU MONT BLANC) 1-15 Xullo   1/8/2008, 3:05 pm

montanhismo&trek Travesía: Tour du Mont Blanc
Encargado e moderador: Rubén
Data: Do 1 ao 15 de Xullo do 2008 sunny . (9-10 pateo+2-3 viaxe+resto visitas)
Número de persoas: Mínimo 4, Máximo 9.
Prezo: De 300 a 400 euros Question (xa se concretará).
Material: Roupa e calzado básico de trekking+mochila+saco, ( resto ponno Arnau).
Dificultade: Ainda que algunha das etapas són bastante esixentes e requiren unha boa preparación física , existen variantes algo máis suaves Smile que se poden facer con máis tranquilidade, é algo que se pode ir vendo sobre a marcha según nos vexamos de forzas.
Destinatários: Actividade dirixida aos Arnaus máis intrépidos e ambiciosos bounce , que non desexan agardar máis tempo en coñecer un dos roteiros máis fermosos do planeta.
Descripción: A rota bordea o macizo do Mont Blanc na súa totalidade (Franza, Italia e Suiza), para facela non se requiren técnicas de alta montaña ou escalada, senón que se precisa facer cada día entre 6 e 9 horas de pateo pasando duas ou tres portelas de uns 500 metros de desnivel,nunca porriba dos 2665 m. Iso sí, imos a contemplar dende algúns ángulos privilexiados, algunha das aristas de escalada, glaciares e picos máis importantes e fermosos desta cordilleira, e polo tanto de Europa.
Visitas: "La Mer de Glace" (2º glaciar máis grande de Alpes affraid ) en tren de cremallera, "Aiguille du Midi" (pico a 3842 m que mira ao Mont Blanc Rolling Eyes ) en teleférico, Outras que se propoñan.
Data tope pra se anotar: 30 de Abril.

Este foro pode ser un bó espazo através do cal poidamos ir coñecendo quén són os arnax@s interesad@s en participar nesta actividade, a cal require unha detallada organización a varios meses vista. Anímovos pois a que expoñades aquí as vosas dúbidas scratch, fagades propostas :lol: , e sobre todo que vos apuntedes canto antes! :bball:
Ánimo!!! cheers


Última edición por Admin o 5/29/2008, 3:23 pm; editado 4 veces
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://arnau.forogaliciano.com
Carlos Celanova
Flecha
Flecha
avatar

Cantidade de envíos : 26
Age : 50
Ubicación : Covelas-ramirans.
Registration date : 26/12/2007

EnvíoAsunto: Re: TRAVESÍA NOS ALPES(TOUR DU MONT BLANC) 1-15 Xullo   1/21/2008, 12:10 pm

Eu apúntome ¡ imos falando Rubén ! parque
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Rubén
Flecha
Flecha
avatar

Cantidade de envíos : 49
Registration date : 28/12/2007

EnvíoAsunto: Ahí, ahí!!!   1/21/2008, 10:37 pm

Carlos Celanova escribiu:
Eu apúntome ¡ imos falando Rubén ! parque

Ahí, con dous Collós!!! salva de palmas
Cumpria que a xente se fose apuntando canto antes, pois hai que ir valorando se a viaxe se fai en avión ou en coche-furgo, no primeiro dos casos xa se irian mirando ofertas de voos baratos pra esas datas, con destino a Xenebra (suiza). A rota iníciase a 80 km desta cidade.
Por outra banda, o grupo que vaiamos temos que empezar a quedar pra facermos saidas xuntos, pois debemos prepararnos físicamente pra que non pase o que xa sabemos deputapena . é interesante ir facendo rotas de distancia e desniveis o máis parecidas posible coas etapas que álá nos imos atopar, facendo incluso saidas de dous-tres días consecutivos. O xurés ofrécenos un escenario ideal para todo isto.
Saudos. deputamadre
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Rubén
Flecha
Flecha
avatar

Cantidade de envíos : 49
Registration date : 28/12/2007

EnvíoAsunto: XA SOMOS 4 TOLOS!!!   2/22/2008, 6:45 pm

Xa somos 2 máis, total 4 persoas, as que optamos por unhas vacacións distintas (de praia chega o resto do verao).
Estivemos valorando como a mellor das opcións a de viaxar en avión
ata Genebré (Xenebra) pois nun par de horas deixanos a 80 km do inicio da travesia (Chamonix). Esta decisión ainda non é definitiva, dependerá do prezo da viaxe. seria convinte que tódo-los interesados fósemos buscando ofertas de avión para estas datas, a poder ser de aeroportos cercanos ( Vigo, Santiago, Porto ou Coruña).
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Rubén
Flecha
Flecha
avatar

Cantidade de envíos : 49
Registration date : 28/12/2007

EnvíoAsunto: OFERTAS DE AVIÓN   3/3/2008, 12:57 pm

avion-aeroporto polo momento a oferta + barata que atopei é o voo O Porto-Xenebra por 135'11 euros. Viaxe con saida o 01-07-08 e regreso o 14-07-08. A compañia é Iberia.
Gulín atopou un voo dende Madrid por preto de 70 euros. hai que facer números de gasto de Gasolina ou autobús (O Porto queda + Preto), e tamén de gasto de aparcamento para 14 dias no aeroporto (penso que no Porto é de balde).
Se alguén sabe de ofertas mellores que no-lo comunique canto antes!!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Rubén
Flecha
Flecha
avatar

Cantidade de envíos : 49
Registration date : 28/12/2007

EnvíoAsunto: Re: TRAVESÍA NOS ALPES(TOUR DU MONT BLANC) 1-15 Xullo   4/10/2008, 1:22 pm

treking-camiñar Lémbrovos que a data tope para se aliñar ao "Tour du Mont Blanc" fora fixada no 30 de Abril. Quedan polo tanto poucos dias para se decidir!
Tamén vos lembro que os alpes non son unhas montañas calquera, é outra dimensión!, e por suposto, nada que ver con calquera das praias nas que miles de persoas están pensando "veranear".
Se vás, Volves...
bounce BULE, AGARDAMOS RESPOSTA!!!.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Rubén
Flecha
Flecha
avatar

Cantidade de envíos : 49
Registration date : 28/12/2007

EnvíoAsunto: Re: TRAVESÍA NOS ALPES(TOUR DU MONT BLANC) 1-15 Xullo   4/28/2008, 10:53 pm

cavilando Quedan 2 dias para se aliñar!!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Guía Arnexo
Guía Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 150
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Anulación travesía   7/17/2008, 12:03 pm

TRAVESÍA ANULADA, POR FALLA DE RESPOSTA, OU ADIADA PARA MELLOR OCASIÓN...
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://arnau.forogaliciano.com
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: TRAVESÍA NOS ALPES(TOUR DU MONT BLANC) 1-15 Xullo   

Volver arriba Ir abajo
 
TRAVESÍA NOS ALPES(TOUR DU MONT BLANC) 1-15 Xullo
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
FORUM LERIARNEXA :: FOROS DA ASOCIACIÓN DE MONTAÑA ARNAU (A.M.A.) :: ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS-
Cambiar a: