FORUM LERIARNEXA

O FORO das conversas e lerias da Asociación de Montaña ARNAU e dos excursionistas e montañeiros do Val(e) do Lim(i)a
 
ÍndiceÍndice  GaleríaGalería  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  RexistrarseRexistrarse  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  LoginLogin  

Comparte | 
 

 Bar festival Mugueimes

Ir abajo 
AutorMensaxe
Admin
Guía Arnexo
Guía Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 150
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Bar festival Mugueimes   6/2/2008, 5:56 pm

Vaise poñer un bar no festival que se vai celebrar nas festas de S. Pedro de Muiños os días 28 e 29 deste Xuño do 2008, para sacar fondos para a asociación.

1.- O bar poñerase estrictamente para o festival (ou sexa, día 28 sábado e en horario de actuacións)

2.- O seu horario desde o inicio da chegada de asistentes até 1 HORA DESPOIS DA FINALIZACIÓN DAS ACTUACIÓNS

3.- Non se poñerá música

4.- Só se servirá CERVEXA DE BARRIL, TINTO-VERAN DE BARRIL E CHUPIÑOS DE LICOR FRÍO

5.- Só se usarán VASOS DE PLÁSTICO: normais, litro e chupiño.

6.- COBRO CON TIKET E 1 ENCARGADO DE RECOLLELOS

Apontarse aquí ou no 609 98 54 50


Última edición por Admin o 6/3/2008, 1:12 am; editado 1 vez
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://arnau.forogaliciano.com
Carlos Celanova
Flecha
Flecha
avatar

Cantidade de envíos : 26
Age : 50
Ubicación : Covelas-ramirans.
Registration date : 26/12/2007

EnvíoAsunto: Por descontado que irei   6/2/2008, 7:50 pm

Non sei que dias poderei pero alí ei de estar. Avisareivos. meiga Apertas. soleado
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Couso
Novicio
Novicio


Cantidade de envíos : 6
Registration date : 26/12/2007

EnvíoAsunto: BAR-XES   6/3/2008, 9:50 pm

Como o tema está pechado, respondo neste, que o máis parecido. O único era dicir a METEBARULLO en referencia do bar "BAR-XES", montado nas festas de citado pobo, podo decir que mentres estiven alí todo o que se tomou pagouse, tanto o socios currando como os socios de clientes, e de paso quería lembrar que ese BAR non sería posibel senon fose polo curro levado por RUBEN, XURXO e KIKO (se falta algén que o diga), ah e LINO por deixar lo local, a verdade que estaba de P.M.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
metebarullo
Novicio
Novicio
avatar

Cantidade de envíos : 24
Registration date : 14/01/2008

EnvíoAsunto: Re: Bar festival Mugueimes   6/4/2008, 12:29 pm

1º- Moi ben falado, mentres estiveches alí. Como non sei quen eres , non sei si estabas o domingo.
2º- No que se refire a Kiko, Xurxo, Rubén, Lino, descubriches a pólvora meu , parabens. Alguén falou mal diles? Dimo que o mato.
3º- Non poñas a man no lume por todolos socios por que a podes keimar.

Saudos. montgaliza
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://jose.mlg@hotmail.com
Admin
Guía Arnexo
Guía Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 150
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Resultados bar festival   6/30/2008, 12:17 pm

Despois de poñer o bar do festival "Noite de Témporas", en Mugueimes, o balance provisional é de 350 €. Falta ver se se venden duas caixas de augas, que se abriros e non se venderon. O licor café vendeuse todo, e máis que houbese. Dos 5 barrís de cervexa venderonse 4 completos; puidose abrir o quinto, pero non dabas pra acabalo.
A razón de que non pareza moito o que se sacou está en que sacamos menos do cen por cento (que sería o normal) ao vender a cervexa en vasos tan grandes. Claro que, de non ser así, moitos clientes daríalles igual e irían beber ao bar de enfrente (Lolita), que cobrabsa o mesmo por vasos mais pequenos.
Grazas aos que colaborastes!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://arnau.forogaliciano.com
Admin
Guía Arnexo
Guía Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 150
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Roubo   7/3/2008, 1:39 pm

Na noite do domingo producíuse un roubo no bar que montamos; alguén, a altas horas da mañá, se apropiou de 4 barrís de cervexa e 2 caixas de augas. Fíxose a denuncia á Garda Civil, pero non é de esperar que aparezan (como sempre que hai este tipo de delitos, os españois non moven un dedo!). Nós temos as nosas sospeitas, pero ainda valen de menos. Debemos asumir a responsabilidade de deixar o material abandonado e exposto á pillaría. Menos mal que o Felix (representante na zona da Estrella Galicia) xa nos deu a entender que non nos preocupásemos (eles teñen que abonarlle á Estrella o valor de cada barril, uns 50 €; ou sexa, un total de 200 €), polo que entendemos que teñen xeito de se amañaren con respecto aos xefes (supoño que poderán facer que sexan pérdidas durante o ano e por motivoa máis xustificabeis). O caso é que, o mais seguro é que non teñamos que abonar máis que as duas caixas de botellíns de augas (15 € as 2).
Feitas as contas finais, deste festival sacamos, ademáis do disgusto do roubo, un total de 400 €, dos que haberá que substraer os 15 das caixas da auga roubadas.
fotos abaixo
Dada o difícil que se facía atender a todo o mundo, algunha clienta sen paciencia tivo que servirse a si mesma.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://arnau.forogaliciano.com
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: Bar festival Mugueimes   

Volver arriba Ir abajo
 
Bar festival Mugueimes
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
FORUM LERIARNEXA :: FOROS DA ASOCIACIÓN DE MONTAÑA ARNAU (A.M.A.) :: ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS-
Cambiar a: