FORUM LERIARNEXA

O FORO das conversas e lerias da Asociación de Montaña ARNAU e dos excursionistas e montañeiros do Val(e) do Lim(i)a
 
ÍndiceÍndice  GaleríaGalería  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  RexistrarseRexistrarse  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  LoginLogin  

Comparte | 
 

 Campaña pola recuperación do Festival Folk de Ortigueira

Ir abajo 
AutorMensaxe
Monica
Novicio
Novicio


Cantidade de envíos : 2
Registration date : 07/02/2008

EnvíoAsunto: Campaña pola recuperación do Festival Folk de Ortigueira   6/18/2008, 1:48 pm

Ola moz@s!
Sabedora do que disfrutades nese festival-que-foi-folk, infórmovos dunha campaña para que volva ser realmente folk e para protexer o piñeiral e a praia do "atake dance botellón" ao que se somete nesas datas.
Atópase no seguinte enderezo http://www.blogoteca.com/malmequer/ pero como se actualiza cada pouco e descende copiovolo íntegramente, por se acaso, aínda que sexa un pouco longo.
Bicos


Remitido a través do correo electrónico solicitando a colaboración para recuperar o ambiente tradicional do Festival de Ortigueira

OLA MEU AMIGO:

Eu, non sei se o saberás, espero todos os anos que chegue o mes de xullo porque nese mes sucede algo máxico e marabilloso. Durante catro días un pequeno pobo do norte de Galicia, Ortigueira, énchese de música e de xentes con ganas de bailar e de escoitar gaitas, arpas, zanfoñas, bouzukis, bodrans, guitarras... e de Bandas de Gaitas... é o Festival Internacional do Mundo Celta, un gran festival no que se poden escoitar os mellores grupos celtas e folk do mundo.
Este festival xa leva celebrándose durante 30 anos e é un referente en toda regra: Ortigueira énchese de maxia, e de música por todos os recunchos. Ademais é de balde e todo aquel que queira ir pode acampar nun piñeiral fermosísimo á beira dunha praia incrible. Alí, a xente que acode ao festival, adoita xuntarse para tocar calquera instrumento e facer festa nas horas anteriores ao festival (ou ata nos días previos... toda a noite).

Claro que agora todo iso xa non é realmente así. Nestes últimos anos, a zona de acampada perdeu a súa maxia. Agora entre os piñeiros instálanse moreas de carpas que non paran de pór música "dance" e que non deixan descansar a aqueles que queren facelo. A xente que antes pasaba as horas mortas tocando xa non o fai: imaxínaste unha gaita soando ou un grupo de pandereteiros e de fondo uns altofalantes co chunda chunda a todo volume? A que a ninguén se lle ocorriría nun festival dance montar unha carpa folk?

O malo é que atraídos por ser gratis e por poder pasar un fin de semana de drogas, alcol e música dance, xentes que non se achegan a Ortigueira a ver nin un só concerto, enchen a zona de acampada. Que pinta esa xente aí? E non só é iso: agora o sábado do festival, ata se achegan rapaces saídos da ruta do bacalao, que nin sequera están acampados.
Os que coma min imos ao festival porque realmente interésanos o festival xa non estamos a gusto, entre outros motivos porque cada vez hai máis medo de que nos rouben, porque alí xa non hai o ambiente máxico que había antes e porque toda esa xente o único que fai é encher un piñeiral e unha praia, que son zona protexida, de toneladas de merda.

Eu e todos aqueles que adoramos Ortigueira queremos recuperar aquel ambiente máxico do piñeiral no que a escoitábanse as gaitas e outros instrumentos, queremos poder descansar se nos apetece e queremos estar tranquilos e poder ir ver os concertos sen ter que estar preocupados por se ao volver van faltar as nosas cousas.

A organización fai oidos xordos ano tras ano a todos aqueles que nos diferentes foros pedimos que se impida que se monten esas carpas na zona de acampada e por iso pídoche a túa axuda.

Trátase de que envies a seguinte carta ás direccións de correo electrónico que escribo máis abaixo, ou/e que polo menos lle pases este correo aos teus contactos para que o fagan eles. As direccións son dos dous organizadores do festival, a Sociedade Anónima da Xunta de Galicia "Xacobeo" e o Concello de Ortigueira.

Canta máis xente reciba este correo, máis mensaxes enviaranse e máis posibilidades hai de que este ano a organización decídase a facer algo para solucionar este problema que che expliquei moi por enriba.

Para envialo ao Xacobeo só tes que copiar a carta coa dirección nunha mensaxe nova e logo cortar a dirección e pegala tal cal no apartado "Para". Vale?

O correo é: xacobeoweb@xacobeo.es

Para envialo ao Concello de Ortigueira só tes que copiar a carta sen a dirección do Xacobeo e entrar na seguinte dirección: http://www.concellodeortigueira.com/index.php?lg=gal.

Na fiestra que se abre pulsar onde pon contacto e na fiestra nova, pegar o texto.
Eu e todos aqueles que queremos que o Festival de Ortigueira volva ser o que era estarémosche moi agradecidos.

Carta para enviar a Xacobeo e ao Concello de Ortigueira:

Moi Sres. meus:

Póñome en contacto por vostedes para facerlles unha solicitude e darlles as grazas.
Primeiro a solicitude: quizais non lean esta mensaxe ou non lle fagan caso, pero xa que vostedes van a colaborar na organización do festival de Ortigueira deste ano, penso que deberían ser conscientes do que sucede no festival. Penso eu que o que lles vou contar é algo que pode ter consecuencias tamén para vostedes posto que de suceder algo afectaría a todos os organizadores.

O festival Ortigueira é un gran acontecemento do verán en Galiza. Os mellores grupos do mundo folk pasan por alí e cada vez vai máis e máis xente. Ou non? Esa afirmación é certa pero, ata que punto? Cada vez vai máis xente pero cada vez unha porcentaxe maior desa xente ten menos interese polo festival: só van de acampada, a pasar tres ou catro días de festa, drogas e alcol na zona de acampada do piñeiral de Morouzos, importándolles ben pouco o festival. Cada vez hai menos xente interesada no festival e cada vez vai menos xente, digamos, con poder adquisitivo.

O que quero dicir é que cada vez vai máis xente nova á que o festival lle importa ben pouco, e que cada vez vai menos xente maior á que o festival si que lles importa. O festival cada vez é máis grande, pero pouco a pouco vai perdendo prestixio entre a xente á que lle gustan esas músicas: un dato, cada vez hai menos xente que toca algún tipo de instrumento. Eu que levo moitos anos indo véxoo ano tras ano.
Por que? Por dous motivos. Un deles é o tipo de grupos. En anos anteriores moitos dos grupos non tiñan nada que ver ca música folk ou celta, si ben iso parece que foi corrixido o ano pasado.
O outro motivo é a zona de acampada. Antes no piñeiral, un podía pasar o día tocando música e bailando o son das gaitas, das pandeiretas, do que fora. A xente ía para estar nun ambente fermoso, sen ter medo de si lle roubaban e podía descansar e todo. Non nos esquezamos que o obxectivo da zona de acampada é darlle un sitio onde aloxarse á xente que vai pasar en Ortigueira todos os días que dura o festival.
Agora os que imos ó piñeiral de Morouzos case nunca podemos descansar porque aquilo está cheo de carpas de música tecno ou chirinquitos que poñen rock ou reageton a toda pastilla e que non paran en todo o día. Agora aquilo está cheo de merda por todos lados. Agora un ten medo de deixar as súas cousas alí por culpa de moitos indesexables que viven do que lle rouban a outros. Agora o ambente é insoportable porque todo o rato parece que vai a haber bronca porque aquilo está cheo de rapaces, moitos menores de idade, que pasan tres días drogándose, bebendo e buscando como tolos madeira para facer unha fogueira na que facer unhas brasas e que non baixan ó pobo a menos que quedaran sen comida.
Eu teño moitísimos coñecidos que xa non van o festival porque xa non aturan aquilo e outros moitos que seguen a ir pero que cada vez lles gusta menos.

Agora, polo menos en Morouzos, o ambiente non é ambiente dun festival que se chama (ou se chamaba) Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Agora é un ambiente no que un ano vai pasar algo gordo: se pasase este ano, quererían vostedes saír salpicados?
Hai unha solución e penso que ata agora a organización ten mirado para outro lado. A solución é por entrada e impedir o acceso a Morouzos dende principio de mes. Pénseno: unha entrada de 20 € por cabeza para acceder á zona de acampada faría que moita xente que non vai a Ortigueira por ir o festival deixase de ir e o festival volvería a ser o que no seu momento foi ou o que debería ser. Pensen que é mellor ter 50000 persoas que realmente van o festival no canto de 80000 que só van para pasar tres días de farra sen achegarse a ver un só concerto. Con eses cartos poderían pagarse máis servizos, máis duchas, máis persoal de limpeza... Por certo, no outro grande do mundo celta, en Lorient, cobran entrada e sempre está cheo.

Está nas súas mans que este ano, no 30 aniversario, as cousas sexan un pouco mellor. Eu adoro este festival, e daríame moita mágoa que puidese chegar a desaparecer porque é impresionante a cantidade de xente de fóra de Galicia que vai a el.

Xa para rematar, agradecerlles que colaboren neste ano na organización, e agradecerlles o seu traballo na ruta Xacobea, que fai que Galicia non deixe de estar en boca de todos...

Unha aperta.


(Aquí debería ir a sinatura)
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Xavier
Guerreiro Arnexo
Guerreiro Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 95
Age : 59
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Re: Campaña pola recuperación do Festival Folk de Ortigueira   6/18/2008, 2:12 pm

bounce Paréceme que moita xente estaba esperando poder dicir e vindicar iso mesmo. Únome á idea, ainda que boto en falta que se critique aos responsabeis da organización e máis de traer os grupos...cada vez parece máis un festival dos tantos que se fan no mediterraneo e o idioma galego fica practicamente ausente; agora mais ben é o festial da Estrella Galicia e xentes da música do sur (o famoso Limones, que se dedica a facer eventos de músicas latinas por aí adiante). Estrella Galicia é anti galega e, ainda que me gusta moito a sua cervexa, penso que deberiamos boicoteala...que vaian facer festivales a Graná! festaAinda así, vou enviar esa cartiña!! Twisted Evil
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://www.xures.com
metebarullo
Novicio
Novicio
avatar

Cantidade de envíos : 24
Registration date : 14/01/2008

EnvíoAsunto: Re: Campaña pola recuperación do Festival Folk de Ortigueira   6/18/2008, 6:20 pm

"Ortigueira Dance" cascos bazoka "FORA DA GALIZA". Pasa o de sempre cando algo mola akaban por escarallalo. (todo sexa pola pela) o mesmo pasa na festa do Boi bébedo .
Estrella Galiza son uns fillos de puta, coma Fenosa ou Inditex, pero é que sabeeeeeee.........eh presi? brindecomvinho . Pero si hai que boikoteala faise, que eu sonche mais de viño asubiando . Ogallá a xente se mova, e quén organiza o festi se dé conta que si seguen por estos derroteiros akabaran por escarallar iste máxico evento; quen sabe, o mellor é o que están buscando (como dixen la pela es la pela).
Eu alí estarei outro ano mais, si dios kere e se non tamén inoncentinho , chova chuvia , trone trevoada , neve nevada-xeada-frio , ou faga un sol soleado de carallo.
Vou mandar a cartiña esa a ver se espertamos a ises lelos. Saúdos porriño montgaliza e que reste Ortigueira pa moitos anos velliño
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://jose.mlg@hotmail.com
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: Campaña pola recuperación do Festival Folk de Ortigueira   

Volver arriba Ir abajo
 
Campaña pola recuperación do Festival Folk de Ortigueira
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
FORUM LERIARNEXA :: FOROS XERAIS :: Á LERIA-
Cambiar a: