FORUM LERIARNEXA

O FORO das conversas e lerias da Asociación de Montaña ARNAU e dos excursionistas e montañeiros do Val(e) do Lim(i)a
 
ÍndiceÍndice  GaleríaGalería  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  RexistrarseRexistrarse  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  LoginLogin  

Comparte | 
 

 CICLOTURISMO EN CENTROEUROPA

Ir abajo 
AutorMensaxe
Xavier
Guerreiro Arnexo
Guerreiro Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 95
Age : 59
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: CICLOTURISMO EN CENTROEUROPA   7/3/2008, 2:22 pm

ciclo Dous socios de Arnau, Rubén e Lisardo, xuntamente con un colega de Lisardo, acaban de sair para centroeuropa para realizar un percurso en bicicleta de 15 días por diversos países. Onte chegaron en avión, procedentes de Madrid (á que foron nunha furgoneta coas bicis), á cidade de Praga. Segun saibamos deles iremos contando (se é que chaman, claro). Esperamos que lles vaia ben e nos traian experiencias e ideas para irmos nós! bounce
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://www.xures.com
Admin
Guía Arnexo
Guía Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 150
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Re: CICLOTURISMO EN CENTROEUROPA   7/7/2008, 6:01 pm

Parece ser que , ao final, só foron o Rubén e o Lisardo. Despois de chegaren a Praga en avión percorreron 70km. No segundo día andiveron uns 100, e creo que é esa a media que levan. A última vez que soubemos algo ainda andaban pola República Checa. Seica é todo moi chairo, con cultivos por todas as partes e moi doado de percorrer en bici. A xente é moi amable (as rubísimas titis miran moito pra eles, pero non saben ben se é que lles gustan ou se os ven coma unha nova e estrana raza de xitanos!) e, sobretodo, a cervexa, a comida e a dormida en hotel é moi económico (o que sería unha caña de birra anda polos 25 céntimos!). No primeiro hotel que pararon en plan barato tíñalles yacusi!. E seica os camping son estupendos e baratiños...se a todo isto unimos que teñen bo tempo, pois...que de puta madre.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://arnau.forogaliciano.com
Xavier
Guerreiro Arnexo
Guerreiro Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 95
Age : 59
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Camiño de Eslovaquia...   7/8/2008, 2:16 am

Os nosos homes abandonan Chequia polos Montes Tatra e están a entrar en Eslovaquia, onde botarán uns 3 días antes de chegaren a Cracovia (Polonia), capital da Galitza. Supoño que nestas etapas de montaña han facer bastantes menos quilómetros que ata agora. Unha boa oportunidade pra se poñeren cachas escarallomederisa
Mentres, algúns de nós, por aquí.... festa , bébedo , Sleep , clown
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://www.xures.com
Xavier
Guerreiro Arnexo
Guerreiro Arnexo
avatar

Cantidade de envíos : 95
Age : 59
Registration date : 24/12/2007

EnvíoAsunto: Derradeira etapa...   7/17/2008, 11:39 am

Os ciclistas de Arnau entran na etapa final. Vólvense achegar a Praga pra pillar un avión que os traia de volta. Será mañá día 18. A ver que nos contan (A ver que contan do campo de concentración de Auswich, en Polonia, e penso que os montes Tatros os deixou alucinados: como picos de Europa, pero ao besta...). Ao mellor xorden ideas para unha excursión de Arnau, claro que...hai tanto aonde ir
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://www.xures.com
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: CICLOTURISMO EN CENTROEUROPA   

Volver arriba Ir abajo
 
CICLOTURISMO EN CENTROEUROPA
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
FORUM LERIARNEXA :: FOROS XERAIS :: BBT&CICLOTURISMO-
Cambiar a: